Hola José Luis, por aquí abaixo déixoche as prácticas, pero antes vou falarche un pouco das nécoras, que non dan tanto traballo como cres:
A nécora (Necora puber) coñecida tamén como navalleira (no sur de Galicia) e como andarica (na costa norte do noso país, e en Asturias). Necora puber, é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos (Portunidae) moi apreciado gastronomicamente e que se da en relativa cantidade nas rías galegas. O xénero foi descrito por N. B. Holtius en 1987.
As principais características son:
- Caparazón (cacho) case oval, máis ancho que longo e algo aplanado, moi pubescente
- Rexión frontal con aproximadamente 10 dentes, dispostos irregularmente, sendo os dous centrais en xeral máis anchos que os demais.
- Os ollos son vermellos.
- Quelípodos (primeiro par de pata, rematados en pinzas) semellantes, robustos e pubescentes.
- Segundo a quinto par de pereiópodos (patas marchadoras) robustos; as do quinto par, aplanadas e prolongadas por pelos máis longos, adaptadas á natación.
- Abdome do macho cos segmentos terceiro a quinto fusionados, libres na femia.
- Cor parda avermellada, con manchas azuladas e vermellas nas patas.
- Nos exemplares capturados en Galicia, o ancho do caparazón chega até os 10,2 cm nos machos e aos 90 cm nas femias.
Práctica 1
Práctica 2